Archivos diarios: 19/06/2018

Que rica leituga

Estándar

Sabedes que a leituga é un alimento rico en calcio e fósforo que nos axuda a ter uns ósos sans e fortes?

Os nenos e nenas de infantil sabémolo ben, por iso decidimos cultivar as nosas propias leitugas totalmente ecolóxicas.

1

Coidámolas con moito mimo e cando eran grandiñas levámolas á casa para compartilas coa nosa familia.

Elaboramos un libro de receitas que podedes ver na biblioteca do cole.

1

3

Bo proveito!

logo biblio

sinatura nova

Roteiro por Vilalonga

Estándar

1

Para rematar o proxecto  «Vilalonga: o lugar onde vivo» os nenos e nenas de 3º  de primaria fixeron un roteiro histórico-artístico por Vilalonga.

Visitaron o Pazo dos Pardo, o Pazo do Revel, a igrexa de San Pedro de Vilalonga, as tumbas antropomorfas da época medieval, a capela de San Tomé, a casa do escultor Alfonso Vilar e disfrutaron das belas paisaxes que temos na zona.

1

No seguinte enlace podedes ver a revista que realizaron.

Revista Vilalonga

sinatura nova