Archivos diarios: 14/06/2018

Saídas de fin de curso (Primaria)

Estándar

Os nenos e nenas de primaria saben que non só se aprende no cole. Unha forma moi divertida de aprender é saíndo ao contorno próximo, ou non tan próximo, a coñecer mundo e vivir experiencias inesquecibles cos compañeiros/as e mestres.

O alumnado do primeiro ciclo visitou os Muíños de Barosa, un entorno natural privilexiado do que gozaron ao mesmo tempo que aprenderon a facer pan e viron de primeira man o interior dun muíño e o seu funcionamento.

Os do segundo ciclo foron ao Museo Arqueolóxico de Santa Tegra e pasearon polo castro imaxinando como era a vida dos habitantes deste lugar. Aínda que o tempo non os acompañou e tiveron que modificar algúns plans, como a visita á Carabela Pinta en Baiona, aprenderon moitas cousas e pasaron un día estupendo na compañía de amigos e amigas.

Os alumnos e alumnas de 5º desprazáronse ata Lalín,  pasaron 3 días en Mouriscade. Aínda que tamén a choiva se apuntou, non lles impediu gozar dunha andaina pola zona e de tempo de convivencia entre eles.

Por último, os maiores do cole, como cada ano, viaxaron a Madrid. Unha excursión memorable na que se aprende moitísimo e que quedará na súa memoria para o resto das súas vidas.

Premede na seguinte fotografía para ver algunhas imaxes de todas estas saídas.

DSCF8578

 

 

Anuncios

Saída a Santiago de Compostela

Estándar

O pasado martes 12 de xuño os nenos e nenas de infantil foron  de excrusión a Santiago de Compostela.

Pola mañá visitaron o MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) onde aprenderon como eran as escolas e os xoguetes de antes . Logo visitaron a catedral, xantaron na alameda e por último xogaron no parque.

Encantoulles pasear polas rúas da cidade, molláronse na fonte dos cabalos, escoitaron as badaladas da Torre do Reloxo da catedral (tamén chamada Berenguela), sacaron fotos coa estatua das “Dúas en punto”, percorreron o “Paseo dos Leóns”, e ata se arrancaron coa poesía “Adiós ríos, adiós fontes” diante da estatua de Rosalía de Castro.

Andiveron como auténticos peregrinos e peregrinas, a aínda que se cansaron un pouquiño, pasárono xenial!

Se queredes ver algunhas imaxes da xornada premede na imaxe.

IMG_7882