Archivos diarios: 19/05/2018

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Estándar

Como cada ano desde 1963 celébrase o Día das Letras Galegas co obxectivo de homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola defensa da lingua galega e da nosa cultura.

Este 17 de maio estivo adicado a María Victoria Moreno.

maria victoria moreno

María Victoria Moreno foi unha escritora  moi ligada á nosa zona, pois exerceu como mestra no instituto de Vilalonga.

Os nenos e nenas do Cruceiro ademais de investigar e ler obras da homenaxeada, realizaron algúns traballiños que expuxeron nun mural.

mural

Por outra banda, durante todo este trimestre, o equipo de biblioteca, coa axuda do voluntariado preparou un recanto adicado ao teatro, coa intenció de que o alumnado tivese recursos para poder preparar unha obra e represetala nesta Semana das Letras Galegas.

teatro biblio

Voluntaria decorando o espazo adicado ao teatro e alumnado de primeiro ensaiado a súa obra na biblioteca.

Durante toda a semana represetáronse as seguintes obras de teatro:

  • “Somos felices piratas” (1ºA) e “Sopa verde” (1ºB)

piratassopa verde

  • “Os tres porquiños” (2º A) e “A que sabe a lúa” (2ºB)

2º

  • “A árbore que non tiña follas” (3º)

a arbore que non tiña follas

  • “Todo é un conto” (4º)

todo e un conto

  • “Mamasiña que medo” (5º)

mamasita que medo

  • “Restaurante Farruco” (6º)

restaurate farruco

Anuncios