Un curso máis, recibimos no centro a visita da Policía Local de Sanxenxo e do seu amigo o Poli Paco. Viñéronnos lembrar as normas fundamentais de Educación Viaria que todos e todas debemos respectar pola nosa seguridade e a das demais persoas.
Aquí vos deixamos algunha fotiño das sesións teóricas e tamén da práctica que fixo o alumnado de Infantil coas súas bicicletas.