Archivos Mensuales: abril 2018

CONCURSO-EXPOSICIÓN DE FOTOPOEMAS

Estándar

Desde a biblioteca convocamos un concurso de foto-poesía no que poderá participar todo o alumnado do centro.

As bases do concurso son as seguintes:

– As/os concursantes deberán presentar unha fotografía acompañada por unha poesía de non máis de cinco versos.

– As obras serán inéditas.

– O prazo de presetnación será ata o 18 de maio. Podedes pegar as vosas obras na cortiza que hai no corredor diante da porta da biblioteca.

– A foto-poesía escollida será enviada a todas as casas e publicada no blog do centro.

Aquí tendes un exemplo de Helena Villar Janeiro. Podedes ver máis no seu twiter:

@villarjaneiro

 

HELENA VILLAR

Cabos e sombras

entreteñen o tempo
atando o mar.

 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

 

logo biblioEDDLG principalsinatura nova

Anuncios

AMIZADES LECTORAS NO DÍA DO LIBRO

Estándar

Hoxe, 23 de abril, Día do Libro, o noso patio encheuse de amigos e amigas que compartiron un feixe de lecturas.

A semana pasada os padriños e madriñas lectores/as foron entrevistar aos máis pequenos/a para descubrir os seus intereses e gustos e así poder elixir o libro máis axeitado.

1

Despois duns días para preparar a lectura escollida , hoxe, puideron compartila no lugar do patio que preferiron.

3

4

5

 

Nalgunhas aulas, ademais da lectura compartida, tamén celebraron o día de hoxe intercambiando os seus libros preferidos.

2

2

Por se alguén de vós non lembra o motivo polo que o Día do Libro se celebra o 23 de abril, aquí están os debuxos dos nenos e nenas de 5 anos B que descubriron hoxe a que se debe a escolla desta data: elixiuse por coincidir co día do falecemento de Miguel de Cervantes.

1

 

FELIZ DÍA DO LIBRO E BOAS LECTURAS! 

logo bibliosinatura nova

ANIMACIÓN Á LECTURA

Estándar

Nestas últimas semanas, o alumnado do Cruceiro foi de visita á Biblioteca Municipal de Vilalonga.

Alí explicáronnos, un ano máis, todo o necesario para ser usuarios e usuarias e para poder desfrutar de todos os libros, revistas e películas que hai dispoñibles.

Ademais, gozamos coas divertidas lecturas que nos ofreceron as bibliotecarias.

1

2

Uns días despois, tamén tivemos a sorte de recibir no centro a Cuqui, Mónica e Martina cos seus contos.

 

1

12

 

Moitas grazas a todas!

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIARIA

Estándar

Un curso máis, recibimos no centro a visita da Policía Local de Sanxenxo e do seu amigo o Poli Paco. Viñéronnos lembrar as normas fundamentais de Educación Viaria que todos e todas debemos respectar pola nosa seguridade e a das demais persoas.

Aquí vos deixamos algunha fotiño das sesións teóricas e tamén da práctica que fixo o alumnado de Infantil coas súas bicicletas.

1

2

3

4

8

6910

VILALONGA E SANXENXO

Estándar

Que sabedes do lugar onde vivides? Por que Vilalonga se chama así? Cantas parroquias hai en Sanxenxo? Que lugares podemos visitar?…

Os nenos e nenas de 5 anos investigamos ao longo do segundo trimestre para responder a estas e outras preguntas.

Pinchade na seguinte imaxe e veredes todo o que aprendemos.

Esperamos que vos guste.

sanxenxo

sinatura nova