Archivos diarios: 20/03/2018

“AOS PARENTES, ENSÍNALLES OS DENTES”

Estándar

Os nenos e nenas de 5 anos fixeron unha visita ao Centro de Saúde de Vilalonga. Alí estábaos esperando José Luis , o odontólogo, que, moi amablemente, explicoulles e ensinoulles todos os segredos da súa profesión.

Aprenderon o nome dunha chea de instrumentos, revisaron os dentes dos compañeiros e compañeiras e , importantísimo, explicáronlles como cepillar adecuadamente a dentadura.

3

2

4

1

 

Pero non só o alumnado de Infantil puido recibir de primeira man esta información tan valiosa para a nosa saúde.  Tamén os nenos e nenas de Primeiro, Segundo, Terceiro e Cuarto , neste caso no propio cole, recibiron a visita de José Luis acompañado ese día por Belén, a hixienista dental.

 

 

1

2

3

Moitas grazas a José Luis, Belén e a todo o persoal do Centro de Saúde!!