Archivos diarios: 15/03/2018

Ciruxián/ciruxiá por un día

Estándar

Hoxe os nenos e nenas de 5 anos recibimos a visita da avoa de Raúl (5 anos B) que traballa como enfermeira no Hospital de Montecelo e o seu compañeiro Raimundo que é ciruxián.

Aprendemos moitas cousas: os símbolos relacionados coa medicina (Cruz Vermella, Hospital, Farmacia), os instrumentos (xeringas, otoscopio, monitor…) e indumentaria que usan no seu traballo (gorros, batas, luvas, calzas, mascarillas…), vimos algunhas radiografías e tamén observamos como é un quirófano.

2

Como podedes ver, nós tamén quixemos ser ciruxiáns e ciruxianas por un día e preparámonos como é o debido.

Moitas gracias por axudarnos a aprender dunha maneira práctica e divertida!