Hoxe, para rematar coas actividades e actos relacionados co Día da Muller, celebramos no Cruceiro a nosa I Maratón. Lembramos, deste xeito, á primeira muller que correu unha maratón con dorsal , Kathrine Switzer. Fíxoo na de Boston de 1967 e, aínda que intentaron detela durante a carreira, logrou chegar á meta despois de 4 horas e 20 minutos.
Despois de saír a correr cos nosos dorsais do número 261 (o mesmo que levou Kathrine), xuntámonos no ximnasio para ver o vídeo no que os nenos e nenas de todas as clases nos falaron sobre as destacadas e importantes mulleres que estiveron a investigar estes últimos días (podedes velo na entrada anterior do blog).
Preme na imaxe para ver o vídeo da maratón.