Archivos diarios: 08/03/2018

8 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Estándar

Mestras, labregas, xornalistas, mariñeiras, deportistas, científicas…

De sempre, as mulleres enchen o mundo. Sen elas, todo se detén.

Hoxe, 8 de marzo, volvemos a lembrar isto porque, infelizmente, segue sendo preciso este día para amosar que aínda queda moito por avanzar en igualdade e equiparación de dereitos.

Houbo grandes mulleres que abriron camiños ata entón reservados a homes, como nos mostran os nenos e nenas neste vídeo, pero que non quede dúbida (e á vista está) que cómpre seguir loitando para erradicar as incompresibles inxustizas ás que se ten que enfrontar a muller aínda a día de hoxe.

Palabra a palabra, sorriso a sorriso, e paso a paso… adiante cara un mundo libre de machismo!

_mujeresdestacadas_1190e496