O alumnado de Infantil pasou unha mañá fantástica coñecendo esta paraxe que temos tan preto do cole.
Tivemos moita sorte co tempo, o que nos permitiu desfrutar ao máximo da saída.
Como xa estiveramos a investigar sobre a flora e a fauna desta contorna, fomos moi pendentes todo o camiño e puidemos ver parrulos, cardo mariño, toxo, algas…
De seguro que repetiremos outro día para poder volver gozar das marabillas da nosa contorna natural.
(Premede na imaxe para ver o vídeo coas fotos da xornada.)