Hoxe recibimos a visita da familia de David (5 anos B): o seu pai Víctor que traballa nunha ambulancia, e a súa nai Isabel, que colaborou finxindo ser unha víctima á que atender.
Vimos como era a ambulancia por dentro, os materiais que usan para atender ás víctimas e salvar a vida das persoas, e ata entramos na parte de adiante, falamos polo altofalante e activamos a luz e o son.
Desde logo, foi unha experiencia moi divertida e coa que aprendemos moitas cousas.
Gracias!