As nenas e nenos de infantil seguimos investigando sobre Vilalonga e o venres decidimos saír a explorar a vila de preto.
A primeira parada foi na oficina de Correos. Alí enviamos unha carta que escribimos a un amigo/amiga. Esperamos que chegue pronto!
Logo visitamos a casa do escultor Alfonso Vilar, artista da coñecida obra «A madama» de Silgar.
Recibiunos a súa filla Ana Vilar que moi amablemente nos deixou entrar na casa e no que era o taller de Alfonso para ver máis esculturas e pinturas.
Contounos que ten moitas esculturas espalladas pola nosa xeografía: no Grove, en Pontevedra… Seguiremos investigando con moito interese sobre este artista natural de Vilalonga.