O mércores 21 de febreiro celebrouse na biblioteca do colexio a II Asemblea de Delegados/Delegadas, Subdelegados/Subdelegadas para poñer en común as propostas de cada unha das aulas para mellorar o noso patio.
En cada clase elaboraron gráficas cos datos dos xogos máis e menos presentes no noso patio actual. Despois de analizar os resultados e reflexionar un pouquiño ,fóronse expoñendo as novas propostas para un patio con máis posibilidades, no que todos e todas teñan o seu espazo, que invite a crear e imaxinar e con máis vexetación.
Así, as peticións máis repetidas foron as seguintes:
-
Xogos pintados no chan: mariola, tres en raia, parchís xigante…
-
Un rocódromo
-
Zona tranquila para falar, ler ou estar relaxados/as.
-
Xogos feitos polos propios nenos/as: parede musical, xogo de bolos, cabañas/casiñas construídas con material natural (paos, pedras…)
-
Máis vexetación: plantas e flores. Incluso se propuxo substituír o areeiro por un pequeno horto.
-
Liberdade para os nenos/as de infantil para moverse polo patio de abaixo.