As nenas e nenos de 5 anos seguimos coñecendo o noso concello.
Antes da visita ao centro de saúde de Vilalonga, estamos investigando sobre o persoal que traballa alí (doutores e doutoras, auxiliares de enfermería, persoal de limpeza…)
Aprendemos moito de Cristina (nai de Sara) que traballa como TCAE no Hospital do Salnés, e veu a facernos unha visita ao cole para explicarnos en qué consiste o seu traballo, a roupa que leva, ensinounos aparellos como o fonendoscopio ou tensiómetro, e outros útiles do seu traballo como gasas, apósitos, desinfectantes, etc.
Deixounos algunhas cousas para o noso recanto «A consulta de 5 anos» onde recreamos a vida nun centro de saúde e aprendemos xogando.