Archivos Mensuales: febrero 2018

Aprendemos coas familias

Estándar

Hoxe recibimos a visita da familia de David (5 anos B): o seu pai Víctor que traballa nunha ambulancia, e a súa nai Isabel, que colaborou finxindo ser unha víctima á que atender.

Vimos  como era  a ambulancia por dentro, os materiais que usan para atender ás víctimas e salvar a vida das persoas, e ata entramos na parte de adiante, falamos polo altofalante e activamos a luz e o son.

Desde logo, foi unha experiencia moi divertida e coa que aprendemos moitas cousas.

Gracias!

 

12

sinatura nova

Saída por Vilalonga

Estándar

As nenas e nenos de infantil seguimos investigando sobre Vilalonga e o venres decidimos saír a explorar a vila de preto.

A primeira parada foi na oficina de Correos. Alí enviamos unha carta que escribimos a un amigo/amiga. Esperamos que chegue pronto!

correos blog

Logo visitamos a casa do escultor Alfonso Vilar, artista da coñecida obra “A madama” de Silgar.

1

Recibiunos a súa filla Ana Vilar que moi amablemente nos deixou entrar na casa e no que era o taller de Alfonso para ver máis esculturas e pinturas.

casa alfonso vilar

Contounos que ten moitas esculturas espalladas pola nosa xeografía: no Grove, en Pontevedra… Seguiremos investigando con moito interese sobre este artista natural de Vilalonga.

sinatura nova

 

 

O patio que queremos

Estándar

O mércores 21 de febreiro celebrouse na biblioteca do colexio a II Asemblea de Delegados/Delegadas, Subdelegados/Subdelegadas para poñer en común as propostas de cada unha das aulas para mellorar o noso patio.

En cada clase elaboraron gráficas cos datos dos xogos máis e menos presentes no noso patio actual. Despois de analizar os resultados e reflexionar un pouquiño ,fóronse expoñendo as novas propostas para un patio con máis posibilidades, no que todos e todas teñan o seu espazo, que invite a crear e imaxinar e con máis vexetación.

Así, as peticións máis repetidas foron as seguintes:

  • Xogos pintados no chan: mariola, tres en raia, parchís xigante…

  • Un rocódromo

  • Zona tranquila para falar, ler ou estar relaxados/as.

  • Xogos feitos polos propios nenos/as: parede musical, xogo de bolos, cabañas/casiñas construídas con material natural (paos, pedras…)

  • Máis vexetación: plantas e flores. Incluso se propuxo substituír o areeiro por un pequeno horto.

  • Liberdade para os nenos/as de infantil para moverse polo patio de abaixo.

12

Esperamos poder comezar pronto coa renovación. Xa vos iremos informando.

sinatura nova

Aprendemos coas familias

Estándar

As nenas e nenos de 5 anos seguimos coñecendo o noso concello.

Antes da visita ao centro de saúde de Vilalonga, estamos investigando sobre o persoal que traballa alí (doutores e doutoras, auxiliares de enfermería, persoal de limpeza…)

Aprendemos moito de Cristina (nai de Sara) que traballa como TCAE no Hospital do Salnés, e veu a facernos unha visita ao cole para explicarnos en qué consiste o seu traballo, a roupa que leva, ensinounos aparellos como o fonendoscopio ou tensiómetro, e outros útiles do seu traballo como gasas, apósitos, desinfectantes, etc.

1

Deixounos algunhas cousas para o noso recanto “A consulta de 5 anos” onde recreamos a vida nun centro de saúde e aprendemos xogando.

BeFunky Collage

Moitas gracias a Cristina e a Sara.

sinatura nova

DEIXÁDEVOS DE CONTOS!

Estándar

Ás nenas, nenos, profes e familias do Cruceiro encántannos os contos. Pero non os que nos contan sobre a contrución do novo colexio porque eses están cheos de mentiras e falsas promesas.

Por iso, un ano máis, aproveitamos o Entroido para saír á rúa e berrar que seguimos precisando un novo centro.

DEIXÁDEVOS DE CONTOS : COLEXIO NOVO XA!

(Premede na imaxe para ver o vídeo)

IMG_6027

XA CHEGA O ENTROIDO!

Estándar

Hai que ver como pasa o tempo!

 

Parece que aínda foi onte cando estabamos disfrazados de monstros mariños marchando cara ó Revel, pero, creámolo ou non, aquí estamos outra vez preparando o noso desfile de entroido.

 

DEIXÁDEVOS DE CONTOS!, este será o lema da pancarta que encabezará a comitiva, e seguro que a ninguén se lle escapa o por que.

 

Non seremos nós os que vexamos a botella medio baleira, pero aquí seguimos, todavía a voltas con que colexio novo si, pero onde está?

 

A cabeciña non para e o venres encheremos o colexio de contos que cobrarán vida e desfilaremos, comeremos, danzaremos, cantaremos e sobre todo PASARÉMOLO MOI BEN, que para iso é entroido.

 

Se queredes aprender algunhas das danzas e cancións (hai unha gran sorpresa) coas que imos pasar a mañá premede na imaxe.

 

1