Archivos Mensuales: junio 2017

Xornada na praia da Lanzada

Estándar

Como cada ano a final de curso e iniciándonos xa en actividades propias do verán, realizamos unha saída á praia da Lanzada. O verán é tempo de praia, xogos ao aire libre e deporte.

Con esta actividade preténdese que os nenos e nenas descubran e valoren o espacio natural da contorna, gocen co deporte e aprendan a alimentarse de maneira equilibrada.

Para iso o plan para este día tan especial foi o seguinte:

1. Roteiro ata a praia da Lanzada en bicicleta (2º e 3º ciclo) e andando (1º ciclo)

2. Participar no proceso de elaboración dun menú saudable. Este ano foi o seguinte: de primeiro ensalada de garabanzos, de segundo “guiso de Carmen” e de postre, iogur con amorodos. As nenas e nenos colaboraron cortando leituga, debullando chícharos, poñendo a mesa…e por suposto axudando a recoller ao finalizar o xantar.

3. Participar nos xogos na praia como carreira de sacos, a corda…

4. Merendamos froita fresca.

5. Tempo para o baño.

6. Xantar.

7. Tempo libre.

PASÁMOLO MOI BEN!

IMG_3303

Preme na imaxe para ver as fotos.

Cantigas tradicionais galegas

Estándar

O venres 2 de xuño comezamos unha actividade que se repetirá cada venres deste mes e que consiste en cantar no patio do colexio cantigas tradicionais galegas aos nosos compañeiros/as e ás familias que queiran acompañarnos.

Os primeiros en actuar foron os nenos e nenas de educación infantil coas cantigas: Ven bailar Carmiña (3 anos), A saia da Carolina (4 anos) e Na beira do mar (5 anos).

O vindeiro venres irán a cantarlle estas cancións aos usuarios do Centro de Día de Portonovo, quen nos facilitaron os títulos e letras das cancións tradicionais galegas que máis lles gustaban.

Premede nas imaxes para ver os vídeos. Esperamos que vos gusten e que cantedes con nós.

 

1

3 anos

 

2

4 anos

letras-galegas-2015-6-638

5 anos

As nenas e nenos do primeiro ciclo cantarán o próximo venres  9 de xuño.

Estades todos/as convidados/as!

EDDLG principal

De excursión!

Estándar

O día 30 de xuño quedou o cole case baleiro.

As nenas e nenos de infantil foron de excursión a Vigo a visitar o Museo do Mar, xantaron na praia de Samil e foron ver a estatua de Julio Verne, personaxe que estiveron investigando ao longo do curso.

1

Os nenos e nenas do primeiro ciclo visitaron o castelo de Sobroso e  Mondariz.

castelovillasobroso

Os do segundo ciclo viaxaron ata a Casa Grande de Xanceda e logo visitaron o MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia)

2ciclo.jpg

 

Preme nas imaxes para ver os vídeos

sinatura nova