Aprendizaxe cooperativa

Estándar

Un equipo da Universidade de Vic, coordinado polo pedagogo Pere Pujolás, desenvolveu nos últimos tempos o programa AC/CA (Aprender para Cooperar/ Cooperar para Aprender).

Neste curso, algunhas mestras do cole iniciamos un curso de formación e desenvolvemos este programa que foi avaliado de maneira moi positiva e que  polo tanto continuaremos  no vindeiro  ano.

Este ano levouse a cabo en educación infantil e cuarto de primaria. Así foi a nosa experiencia:

ÁMBITO A: DINÁMICAS DE COHESIÓN DE GRUPO.

O obxectivo principal das técnicas correspondentes a este ámbito é fomentar o coñecemento mutuo, a participación, a pertenza ao grupo-clase…

MUNDO DE CORES 

Cada participante colócase de costas á parede, pecha os ollos e mantense en silencio. A cada un pégaselle na fronte unha pegatina de cor, de maneira que non pode ver qué cor lle toca. A un dos participantes non se lle pon ningunha pegatina ou colócaselle unha completamente diferente. A continuación abren os ollos e pídeselle que teñen dous minutos para agruparse, sen decir nada.

O titor/titora, ou algún dos participantes observa cómo o fan, e qué pasa co que leva a pegatina diferente.

Por último fálase sobre o acontecido, como o fixeron, como se sentiron…

 

A MALETA

É especialmente apropiada cando se incorporan nenos ou nenas novos ao grupo, cando hai alumnos/as doutras culturas e, tamén, con casos de problemas condutuais. Ademais, permite mellorar a autoestima de todos/as.

Comeza a actividade a mestra ou mestre traendo unha caixa ou maleta decorada con tres obxectos dentro. Despois de preguntar o que pode haber dentro, amosa os obxectos e explica por que son especiais para ela ou el.

           Informamos ás familias da actividade e solicitamos a súa colaboración.

Os nenos e nenas traerán os seus obxectos especiais para explicarlle aos seus compañeiros/as.

maleta

BLANCO DIANA

Os/as alumnos/as están distribuídos en equipos. Nunha cartolina debuxan círculos concéntricos que se dividen en tantas partes como membros ten o equipo (en xeral, catro). Logo, en cada parte do círculo, comezando polo central, escriben a resposta a preguntas que decidiron sobre a súa personalidade ou aspectos da súa maneira de ser que queiran compartir (que determinaron con anterioridade), por exemplo: como te chamas?, que é o que máis che gusta? o que menos?…

Despois analizan as respotas, observan en qué coinciden e en que non. A partir desta dinámica poden decidir que nome lle porán ao seu equipo base.

2

Tamén se levaron a cabo outras dinámicas como a TEA DE ARAÑA ou A PELOTA.

ÁMBITO B: APLICACIÓN DAS ESTRUTURAS BÁSICAS.

Para comezar a aplicar estas dinámicas é preciso ter a clase organizada por equipos o máis heteroxéneos posible.

Podemos distribuílos de xeito que queden compostos por un alumno ou alumna dos máis capaces de ofrecer axuda, outro/a dos que máis a precisen e outros dous do resto de alumando do grupo.

LÁPIS AO CENTRO

Dáselle a cada alumno/a unha folla con tantas preguntas ou exercicios como membros ten o equipo. Cada neno /a debe resolver unha e preguntarlle ao resto si están de acordo. Este é un momento para falar e os lápis están colocados no centro da mesa.Todos deben opinar e expresarse. A partir das difentes opinións discútense e entre todos deciden a resposta axeitada. Unha vez se chegou a acordo, cóllense os lápis e escriben. Neste momento non se pode falar, só escribir. Finalmente comproban que todos entenden e teñen escrito o acordado entre todos. Vólvense a poñer os lápis no centro, e procédese do mesmo xeito coa seguinte pregunta, desta vez dirixida por outro alumno/a (seguindo sempre unha determinada orde, o sentido das agullas do reloxo).

En infantil desenvolvementos algunhas variantes como  pegamentos ao centro, ceras ao centro, regletas ao centro…

PEGAMENTOS AO CENTRO (VARIANTE DE LÁPIS AO CENTRO)

CERAS AO CENTRO (VARIANTE LÁPIS AO CENTRO)

FOLIO XIRATORIO

Nesta estructura hai un único folio por cada equipo que vai xirando no sentido das agullas do reloxo e no que cada alumno/a vai aportando algo á actividade coa axuda dos demais.

folio xiratorio

XOGO DE PALABRAS

En cada un dos equipos base, os nenos/as deben escribir unha frase coas palabras clave que se lle dan , e que están relacionadas co tema que están traballando ou que xa se traballou. Cada un partirá dunha palabra clave. A continuación, seguindo a orde determinada, cada estudiante ensina a frase ou idea aos compañeiros/as para que a corrixan, maticen, completen… Desta maneira, é unha frase colectiva, de todo o equipo, non de quen a escribe en primeiro lugar.

ÁMBITO C: TRABALLO EN EQUIPO COMO CONTIDO EDUCATIVO

            Para o desenvolvemento de todo este traballo cooperativo é preciso un PLAN DE EQUIPO (reflectido en papel, cada equipo terá a súa carpeta), que favoreza que o alumnado valore este xeito de levar a cabo as actividades de aprendizaxe.

Cada equipo debe cubrir o seu Caderno de Equipo, no que se recollerán os cargos, os compromisos persoais e no que se irán avaliando de forma periódica co obxectivo de ir mellorando progresivamente.

1

Os cargos de cada equipo serán os seguintes. Cada neno ou nena levará o distintivo correspondente ao seu cargo:

  • Encargado/a.

– Será o voceiro/a do equipo.

– Inicia a actividade.

– Lembra a dirección da actividade, a quen lle toca…

  • Silenciador/a.

– Controla que se fale baixiño.

– Controla que todos e todas escoiten as propostas ou resolucións.

– Fai respectar as quendas de palabra e que non se perda o tempo falando doutras

cousas.

  • Revisor/a.

– Controla que todos/as poñen ben a resposta acordada.

– Lembra que temos que esperar polos compañeiros/as.

  • Encargado/a de material.

– Reparte e recolle material.

– Prevé que material van a precisar.

– Organiza e limpa a mesa de traballo.

– Controla o uso axeitado do material.

Despois de repartir os cargos, é preciso establecer compromisos que todos e todas deben cumprir (cada membro terá o seu para conseguir o bo funcionamento do equipo), así como un obxectivo que será acordado en asemblea e común para toda a clase.

Ao finalizar as dinámicas , levarase a cabo sempre unha avaliación das mesmas da que se deixará constancia na carpeta do plan de equipo.

            Os nenos e nenas deixarán constancia do que resultou ben, do que resultou mal, das dificultades atopadas…

Exemplo de un plan de equipo de infantil

Exemplo de un plan de equipo de primaria

 

 

sinatura nova

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s