XOVES 22
As nenas e nenos de infantil xuntámonos para despedir este curso dunha forma divertida.
Fomos rotando polos diferentes xogos: pesca, carreiras de motos, equilibrios, relevos, baloncesto e carreiras de sacos.
Premede na imaxe para ver as fotos.
Pasámolo xenial!
VENRES 23
O último día de clase, como cada ano participamos no festival de danzas do mundo.
Despois entramos no ximnasio para seguir co baile, nesta ocasión, un pouco máis moderno.
Por último, celebrouse o tradicional partido de fútbol entre o profesorado e o alumnado de sexto.
Premede na imaxe para ver algunhas fotos do que foi o último día do curso 2016/2017.
Para o ano máis e mellor. Agora, a gozar das vacacións.
Bo verán!