Archivos diarios: 11/06/2017

Visita ao Centro de día de Sanxenxo

Estándar

O pasado venres 9 de xuño as nenas e nenos de educación infantil fomos de visita ao Centro de Día de Sanxenxo.

Alí, cantamos todos xuntos as cantigas tradicionais galegas que representamos o pasado venres no cole: “Ven bailar Carmiña”, “A saia da Carolina” e “Na beira do mar” .

Os usuarios do Centro de Día tamén nos sorprenderon cantando “Amodiño”, unha versión en galego da famosa canción de Luis Fonsi, “Despacito”.

Foi unha xornda moi especial e emotiva, no que algúns alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de pasar un anaco cos avos/avoas/bisavós/bisavoas e cos seus compañeiros/as da “escola de maiores” como lle chaman eles.

Gustounos tanto a experiencia, que estamos decididos/as a volver no vindeiro curso.

Ata pronto!

IMG_3510

Premede para ver algunhas imaxes da xornada

IMG_3507

Preme na imaxe para ver o vídeo da canción “Amodiño”

EDDLG principal

Anuncios

Cantigas tradicionais galegas

Estándar

O pasado venres 9 de xuño tocoulle ao alumnado de primeiro, segundo e terceiro entonar algunha das cantigas tradicionais máis coñecidas para gozar, xunto cos compañeiros/as da escola e familias, da música tradicional galega.

Premede nas imaxes para ver os vídeos.

 

A RIANXEIRA

rianxeira

 

O GALO CANTA

el-gallo-canta-el-pollo-21759593

 

EU QUERIAME CASARE

novia_oscuro_haired_del_dibujo_animado_con_el_ramo_pegatina-ra58d002946a2459c9593648ddfb26d36_v9waf_8byvr_512

EDDLG principal