Días das Letras Galegas

Estándar

O día das Letras Galegas é unha celebración para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en galego e pola súa defensa da lingua.

A data da celebración, o 17 de maio, débese a que en tal día coma ése, en 1863 publicouse Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

O pasado venres 19 de maio celebrámolo no cole.

 Cada curso preparou algo relacionado con algunha das obras de Carlos Casares, escritor homenaxeado este ano.

carlos casares

Vídeo coa semblanza de Carlos Casares (2º)

2

As nenas e nenos de 5 anos inventaron o “Poema a unha galiña diferente” que ilustraron con teatro de sombras. Os de primeiro ensináronnos un vídeo lendo “A galiña azul”  e os de 3º representaron con títeres “As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas”.

O alumnado de 4º de primaria representou a obra de teatro

“A galiña azul”.

 

agaliñaazul

Preme na imaxe para ver a obra

 

Os nenos e nenas de 6º crearon unha animación de “Lolo anda en bicicleta”

lolo bici

Preme para ver o vídeo

Tampouco faltou a música: as nenas e nenos de 3  anos cantaron a canción “Unha vella tiña un can”, os/as de 4 “Dime que fixeches”, o alumnado de 3º  bailou a canción “A laranxa e o limón”,  os de 5º interpretaron un cantar de cego a partir da obra “Toribio e o contador de contos”.

Por último, os/as frautistas de 6º  interpretaron o Himno Galego, pechando así a conmemoración deste día.

EDDLG principal

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s