Neste terceiro trimestre afondaremos na importancia de alimentarnos axeitadamente.
Levar unha dieta equilibrada é fundamental para medrar san e ter a enerxía necesaria para facer o que máis nos guste durante todo o día.
PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA
Con esta actividade descubrimos unha gran variedade de alimentos que teñen a súa orixe no mar e que podemos sumar aos ingredientes para elaborar os nosos bocatas para levar ao cole, excursións, ao parque…


Picade na imaxe para entrar na páxina web e seguir aprendendo
FROITA FRESCA PARA MERENDAR
Xa sabemos que as froitas e verduras non poden faltar nunha dieta equilibrada.
As nenas e nenos de 6º repartiron froita fresca (plátano e mazá) para repoñer forzas a media mañá.


Me gusta esto:
Me gusta Cargando...