May29
Archivos Mensuales: mayo 2017
May23
Días das Letras Galegas
O día das Letras Galegas é unha celebración para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en galego e pola súa defensa da lingua.
A data da celebración, o 17 de maio, débese a que en tal día coma ése, en 1863 publicouse Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
O pasado venres 19 de maio celebrámolo no cole.
Cada curso preparou algo relacionado con algunha das obras de Carlos Casares, escritor homenaxeado este ano.
As nenas e nenos de 5 anos inventaron o «Poema a unha galiña diferente» que ilustraron con teatro de sombras. Os de primeiro ensináronnos un vídeo lendo «A galiña azul» e os de 3º representaron con títeres «As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas».
O alumnado de 4º de primaria representou a obra de teatro
«A galiña azul».
Os nenos e nenas de 6º crearon unha animación de «Lolo anda en bicicleta»
Tampouco faltou a música: as nenas e nenos de 3 anos cantaron a canción «Unha vella tiña un can», os/as de 4 «Dime que fixeches», o alumnado de 3º bailou a canción «A laranxa e o limón», os de 5º interpretaron un cantar de cego a partir da obra «Toribio e o contador de contos».
Por último, os/as frautistas de 6º interpretaron o Himno Galego, pechando así a conmemoración deste día.
May22
Lectura en familia
Cada 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano o homenaxeado foi Carlos Casares.
Ao longo da Semana das Letras, antes da celebración na escola deste día tan importante, as nenas e nenos que quixeron, leron obras deste autor xunto coas súas familias para todos nós.
Agradecemos a gran participación e aquí vos deixamos os vídeos para que gocedes coas historias de Carlos Casares.
Carmen Tilve Trelles (4 anos B)
Daniel A. Pérez Gutiérrez (4 anos B)
Alex Otero Camiña (4 anos B)
Carla Pietrafesa Feijoo (4 anos B)
Xavi Vázquez Lores (4 anos B)
Martina Conde Piñeiro (5 anos A)
David González Barreiro (5 anos A)
Unai Brito Trelles (5 anos A)
Raúl Afonso Abalo (5 anos A)
Sara Bolabo Gómez (5 anos B)
Lucía Lores Méndez (2º A)
Alba Domínguez Soutullo (2º A)
Carlos Mëndez Rey (2º A)
Laura Soto Lores (2º B)
Carmelo García Castro (4º B)
Iago Balboa Fandiño (4º B)
May21
Saída ao Parque Natural O Invernadeiro
As nenas e nenos de 5º pasaron uns días de excursión nun entorno natural montañoso situado na provincia de Ourense, entre os ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena.
A pesar do mal tempo, pasaron uns días inesquecíbles nos que a convivencia e a diversión foron os protagonistas.
Premede na seguinte imaxe para ver unha selección de fotos.
May14
Día dos amigos/as lectores/as.
May9
Alimentación saudable
Neste terceiro trimestre afondaremos na importancia de alimentarnos axeitadamente.
Levar unha dieta equilibrada é fundamental para medrar san e ter a enerxía necesaria para facer o que máis nos guste durante todo o día.
PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA
Con esta actividade descubrimos unha gran variedade de alimentos que teñen a súa orixe no mar e que podemos sumar aos ingredientes para elaborar os nosos bocatas para levar ao cole, excursións, ao parque…
FROITA FRESCA PARA MERENDAR
Xa sabemos que as froitas e verduras non poden faltar nunha dieta equilibrada.
As nenas e nenos de 6º repartiron froita fresca (plátano e mazá) para repoñer forzas a media mañá.
May3