Archivos diarios: 24/04/2017

Día do Libro

Estándar

O día 23 de abril foi elexido como “Día Internacional do Libro”, pois coincide co falecemento de Miguel de Cervantes e Willian Shakespear, na mesma data do ano 1616.

Coma cada ano, hoxe celebrámolo no noso colexio homenaxeando a Inzilbeth, a mascota da biblioteca, que cumpre 11 anos xa!

Parabéns Inzilbeth!

IMG_1476

Chegou ao correo das aulas unha mensaxe de Inzilbeth, na que nos convidaba ao seu aniversario e na que nos pedía o seguinte: un agasallo para unha amiga súa chamada Ana, que tivo que marchar de Galicia e a que lle encanta o libro “A GALIÑA AZUL” de Carlos Casares.

As nenas e nenos de tódolos cursos puxéronse a traballar e argallaron uns agasallos do máis orixinal, partindo deste libro.

galiña azul

Se premedes na seguinte imaxe podedes ver un vídeo coas imaxes da xornada.

diadolibro

 

Esperamos que vos guste e…….FELICES LECTURAS!

sinatura nova

Proxecto “A VOLTA AO MUNDO”

Estándar

Durante o segundo trimestre as nenas e os nenos de infantil estivemos investigando a partir de outra das obras máis importantes de Julio Verne: “A volta ao mundo en 80 días”.

Nos corredores da biblioteca podedes ver os murais que recollen algunhas das moitas cousas que aprendemos.

Lembrade que polas tardes, no horario de biblioteca, de 16.00h a 18.00h (excepto os martes), podedes vir a ver todo o que investigaron os vosos nenos e nenas.

Son uns guías estupendos, e de seguro que vos explicarán con moita ilusión e detalle todo o que descubriron na súa viaxe por cada un dos continentes.

123

3 ANOS

DEGUSTACIÓN DE QUEIXOS FRANCESES

1

TOMAMOS TÉ CON PASTAS COMO OS INGLESES E INGLESAS

TE

OBRADOIRO DE MAQUILLAXE COMA OS FARAÓNS EXIPCIOS

3

BAILE DOS ELEFANTES

 

SESIÓN DE IOGA

 

 

4 ANOS

5 ANOS

 

sinatura nova