Archivos diarios: 10/04/2017

Rite con nós!

Estándar

Neste segundo trimestre levamos a cabo unha actividade moi divertida. Se sodes seareir@s do blog xa saberedes de que estamos a falar.

O máis seguro é que non quede ningún veciño nin veciña de Vilalonga ao que non lle chegara á súa caixa de correos unha tarxetiña coma esta co seu código QR, a través da cal, podían escoitar os chistes máis divertidos contados polas nenas e nenos do colexio.

1

Por se queda algún ou algunha despistada, aquí vos deixamos todos os vídeos para que non paredes de rir.

INFANTIL

PRIMARIA

EDDLG principal

sinatura nova

Acción Poética

Estándar

Acción Poética é un fenómeno mural-literario que consiste en pintar e intervir poéticamente muros das cidades con frases estimulantes e creativas.

Nós quixemos celebrar o día da Poesía (21 de marzo)  deste xeito tan especial, cubrindo unha das paredes do patio do colexio.

Esperamos que vos gusten as poesías que inventamos entre todos.

 

1

2

3

4

poesia

Preme na imaxe para ver o vídeo

sinatura nova

Visita á Enseada do Vao

Estándar

O complexo intermareal Umia-O Grove é unha ensenada declarada Zona Húmida de Importancia Internacional. Está situada entre a península do Grove, o istmo de A Lanzada e a zona sudeste da ría de Arousa.

A entrada e saída das augas a través da pequena canle que forma a illa da Toxa, a pouca profundidade e o pouco movemento das augas forman un ecosistema elexido por unha gran variedade de aves.

As nenas e nenos de 2º de primaria, despois de moito investigar foron observar de primeira man algunhas destas especies á enseada do Vao.

Que sorte temos de vivir neste lugar!vao2

vao1

vao3

sinatura nova