As nenas e nenos de 4 anos visitamos o Museo de Pontevedra. Participamos nunha actividade chamada pensARTE, moi divertida e coa que aprendemos moito.
Coa axuda da nosa guía Paula, observamos obras de arte contemporánea fixándonos nas cores, formas, tamaños, emocións e sensacións que nos transmitían, inventamos unha historia a partir dunha pintura, fixemos un puzzle dunha das obras e ata creamos a nosa propia con figuras xeométricas.
O museo é moi grande, e vimos só algunhas pinturas, pero quedamos con ganas de volver, por iso lle imos pedir ás nosas familais que nos leven de novo.
Despois de tanto pensar, tocou un descanso para repoñer forzas e xogar no parque.
Premede na imaxe para ver unha pequena selección de fotos.