Archivos Mensuales: marzo 2017

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Estándar

Necesitamos a auga

As nenas e nenos de segundo seguen coa súa labor de concienciar a todo o cole da necesidade de coidar o planeta.

Onte, 22 de marzo, con motivo do Día Mundial da Auga, elaboraron uns carteis con consellos que debemos seguir para non malgastar auga.

A auga é un recurso natural esencial na nosa vida. Non a malgastes!

 

132

sinatura nova

XOGADE!

Estándar

Un ano máis as nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria compartimos cos nosos compañeiros e compañeiras dos coles da contorna unhas xornadas moi divertidas nas que o deporte e a convivencia son os auténticos gañadores.

Ata o de agora xogamos co Ceip de Nantes, Ceip Coirón de Dena, Ceip de Portonovo e Colexio Abrente.

Xogamos ao  baloncesto, balonmán, fútbol sala, xadrez e brilé.

Despois das actividades non perdoamos a nosa peza de froita, pois como todos sabemos, para gozar dunha boa saúde, cómpre facer deporte e levar unha dieta equilibrada.

1

2

3

4

sinatura nova

 

 

 

 

Día Internacional da Muller

Estándar

Como cada 8 de marzo celebramos o Día Internacional das Mulleres. Hoxe é un día de celebración, pero tamén de loita e reivindicación. Un día no que berramos alto e claro que estamos aquí e que non nos imos render.

4

AS NOSAS MULLERES

Reflexionamos sobre o papel da muller na sociedade actual e  aportamos propotas de mellora necesarias para acadar unha igualdade real entre homes e mulleres,  necesaria para construír unha sociedade xusta na que a todos nos guste vivir.

Debuxamos as mulleres máis importantes na nosa vida e escribimos palabras que as definen: loitadoras, divertidas, fortes, soñadoras, traballadoras…

1

2

5

As nenas e os nenos pensamos tamén no noso futuro e imaxinamos como nos vemos de maiores: bombeiros e bombeiras, policías, veterinarios e veterinarias, doutores e doutoras, condutores e condutoras, bailaríns e bailarinas, xogadores e xogadoras de fútbol…ata imos ter astronautas!

3

Analizamos o cadro da Gioconda ou Mona Lisa, unha das mulleres máis coñecidas no mundo da arte. Aproveitamos para traballar as emocións e opinamos: esta muller como está? triste ou contenta? por qué estará triste? por qué estará contenta?

É importante recoñecer as emocións tanto nun mesmo/a como nos demais. Desta maneira aprenderemos a poñernos na pel dos demais, a comprender os seus sentimentos e emocións e a relacionarnos cos que nos rodean con respecto.

8

As mulleres do Cruceiro hoxe viñemos vestidas de negro en solidariedade co Paro Internacional de Mulleres (PIM), movemento formado por mulleres de diferentes partes do mundo como resposta á actual violencia social, legal, política, moral e verbal presente en toda a xeografía mundial.

Como exemplo, este 2017,  que comeza coa peor cifra de mulleres asasinadas por violencia de xénero en anos.

6

7

Viñeta de Luis Davila

AS NENAS E NENOS DO CRUCEIRO, MESTRAS/MESTRES E FAMILIAS SEGUIREMOS LOITANDO POR UNHA SOCIEDADE LIBRE DE MACHISMO!
sinatura nova

 

ENTROIDO 2017

Estándar

O entroido é unhas das festas máis antigas que se celebra en toda Europa. A súa orixe está nas celebracións das tarefas agrarias e a chegada da primavera.

En Galicia ten moita tradición e moitos nomes: Entroido, Intruido, Entruido, Antroido, Entrudo… Todos teñen a súa orixe no termo latino introitus, que significa entrada e que sinala a entrada nunha nova estación, a primavera.

O Entroido é unha época de festa, subversión e e moita diversión no que o máis importante é disfrazarse e pasalo ben.

Un ano máis, no Cruceiro denunciamos o mal estado do noso cole e reclamamos un COLEXIO NOVO XA!

img_0899

Desfile polas rúas de Vilalonga ata O Revel

carnaval

Desfile no colexio

sinatura nova