Archivos diarios: 31/01/2017

DÍA DA PAZ

Estándar

O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día escolar da Paz e non violencia.

3

Este ano no cole decidimos seguir o exemplo de Wangari Maathai, activista política,  ecoloxista keniana e primeira muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz no ano 2004 pola «súa contribución ao desenvolvemento sostible, a democracia e a paz».

Neste vídeo podedes ver o pensamento de Wangari.

Wangari coordinou o Movemento Cinturón Verde que, desde a súa creación, propiciou en Kenia a plantación de máis de 50 millóns de árbores, facilitando ademais a formación e desenvolvemento económico de miles de mulleres africanas.

1ok

Lemos o conto «Wangari e as árbores da paz» e entre todas e todos elaboramos un manifesto a prol do medio ambiente que lemos no patio.

2

Pero non todo vai ser teoría. As ideas para que sexan útiles cómpre levalas á práctica.

Seguindo o exemplo de Wangari, plantamos a nosa propia árbore que coidaremos con moito agarimo e logo transplantaremos por todo Vilalonga.

5

Tamén repartimos sementes ás familias para que nos axuden.

4

Por último, cantamos todos xuntos a canción de Maná «Queremos paz», que podedes escoitar se entrades no blog de música:

http://musikeandoceipcruceiro.blogspot.com.es/

sinatura nova