Neste segundo trimestre non imos parar de rir no Ceip Plurilingüe Cruceiro.
Estamos argallando unha sorpresiña que chegará aos veciños/as de Vilalonga e que os fará rir a escachar.
Os nenos e nenas de 6ºA e 6ºB preparamos un titorial para ensinarlle ao resto do alumnado a crear códigos QR, pois vainos a facer moita falta para realizar esta actividade.
Shhh! Non digades nada por agora. Cando teñades os vosos vídeos seguide os pasos do titorial e pronto as risas encherán os fogares de Vilalonga.