Archivos Mensuales: enero 2017

DÍA DA PAZ

Estándar

O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día escolar da Paz e non violencia.

3

Este ano no cole decidimos seguir o exemplo de Wangari Maathai, activista política,  ecoloxista keniana e primeira muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz no ano 2004 pola “súa contribución ao desenvolvemento sostible, a democracia e a paz”.

Neste vídeo podedes ver o pensamento de Wangari.

Wangari coordinou o Movemento Cinturón Verde que, desde a súa creación, propiciou en Kenia a plantación de máis de 50 millóns de árbores, facilitando ademais a formación e desenvolvemento económico de miles de mulleres africanas.

1ok

Lemos o conto “Wangari e as árbores da paz” e entre todas e todos elaboramos un manifesto a prol do medio ambiente que lemos no patio.

2

Pero non todo vai ser teoría. As ideas para que sexan útiles cómpre levalas á práctica.

Seguindo o exemplo de Wangari, plantamos a nosa propia árbore que coidaremos con moito agarimo e logo transplantaremos por todo Vilalonga.

5

Tamén repartimos sementes ás familias para que nos axuden.

4

Por último, cantamos todos xuntos a canción de Maná “Queremos paz”, que podedes escoitar se entrades no blog de música:

http://musikeandoceipcruceiro.blogspot.com.es/

sinatura nova

RITE CON NÓS!

Estándar

Neste segundo trimestre non imos parar de rir no Ceip Plurilingüe Cruceiro.

Estamos argallando unha sorpresiña que chegará aos veciños/as de Vilalonga e que os fará rir a escachar.

Os nenos e nenas de 6ºA e  6ºB preparamos un titorial para ensinarlle ao resto do alumnado a crear códigos QR, pois vainos a facer moita falta para realizar esta actividade.

Shhh! Non digades nada por agora. Cando teñades os vosos vídeos seguide os pasos do titorial e pronto as risas encherán os fogares de Vilalonga.

EDDLG principal

sinatura nova