Archivos diarios: 28/11/2016

“Aí vén o mes de Nadal, non deixes o millo sen apañar”

Estándar

O nenos e nenas de infantil fixemos caso ao refraneiro galego e xa temos o millo todo apañado, esfollado e debullado antes do Nadal.

img-20161103-wa0036

A familia de Raúl (5 anos B) convidounos a participar nas tarefas de recollida do millo nunha das súas leiras próximas á escola.

Foi unha experiencia moi divertida e que dou pé á realización de moitas actividades na aula: esfollamos o millo, debullamos, traballamos os números cos graos de millo, aprendemos vocabulario…

Se pinchades na imaxe podedes ver o vídeo. Esperamos que vos guste!

sinatura nova