Archivos diarios: 17/11/2016

SAÍDA Á CORUÑA

Estándar

Os nenos e nenas do Cruceiro estamos avanzando moito nas nosas investigacións sobre o mar, as costas, Julio Verne e o seu libro “20.000 leguas de viaxe submarino”.

Para profundizar nas nosas indagacións  fixemos unha visita ao Acuarium Finisterrae da Coruña, tamén coñecido como a Casa dos Peixes.

Descendemos ao Nautilus, unha sala sumerxida no mar, que recrea o submarino do capitán Nemo. Tivemos a oportunidade de observar máis de 50 especies diferentes, entre as cales estaba o tiburón Gastón, un tiburón toro que se converteu no centro de todas as miradas.

Aproveitamos tamén para ir ao Domus, un museo interactivo dedicado ao ser humano.

Se clicades na imaxe podedes ver algunhas fotos da saída. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas!

acuario_exterior

TROMPOS E MAGOSTO NO CRUCEIRO

Estándar

Nesta semana celebramos unha das festas máis típicas de Galicia: o Magosto.

Cada mes de novembro a festa do Magosto devólvelle o protagonismo a un dos productos estrela da gastronomía galega antes da chegada da pataca e do millo a nosa terra. Sabedes cal é?

Aquí tendes unha pista, a ver se adiviñades.

 

SON PEQUENIÑA,

E DE COR MARRÓN.

CANDO CHEGA O OUTONO

MÉTENME NO FOGÓN.

 

Por suposto, no Magosto que celebramos no colexio non faltaron as castañas asadas e os chourizos con pan. Que bo estaba todo!

CONCURSO DE TROMPOS

Pero non todo vai ser papar. Para espelir o bandullo nada mellor que xogar aos trompos.

No seguinte vídeo podedes ver algunhas imaxes do concurso que se levou a cabo ao longo da semana, e da gran final, celebrada o día do Magosto.

Gracias ao alumnado pola gran participación deste ano e noraboa a tódolos/as  premiados/as!

Os finalistas do concurso de trompos do Cruceiro e que polo tanto irán ao concurso intercentros en Portonovo son:

NA MODALIDADE DE  ESCACHAR

escachar

Mateo, María, Yago e Héctor.

EN  MALABARISMOS

final-malabarismos

Brais, Rodrigo e Pablo

Vaia malabaristas!

 

EDDLG principal

sinatura nova