Archivos Mensuales: noviembre 2016

“Aí vén o mes de Nadal, non deixes o millo sen apañar”

Estándar

O nenos e nenas de infantil fixemos caso ao refraneiro galego e xa temos o millo todo apañado, esfollado e debullado antes do Nadal.

img-20161103-wa0036

A familia de Raúl (5 anos B) convidounos a participar nas tarefas de recollida do millo nunha das súas leiras próximas á escola.

Foi unha experiencia moi divertida e que dou pé á realización de moitas actividades na aula: esfollamos o millo, debullamos, traballamos os números cos graos de millo, aprendemos vocabulario…

Se pinchades na imaxe podedes ver o vídeo. Esperamos que vos guste!

sinatura nova

SAÍDA Á CORUÑA

Estándar

Os nenos e nenas do Cruceiro estamos avanzando moito nas nosas investigacións sobre o mar, as costas, Julio Verne e o seu libro “20.000 leguas de viaxe submarino”.

Para profundizar nas nosas indagacións  fixemos unha visita ao Acuarium Finisterrae da Coruña, tamén coñecido como a Casa dos Peixes.

Descendemos ao Nautilus, unha sala sumerxida no mar, que recrea o submarino do capitán Nemo. Tivemos a oportunidade de observar máis de 50 especies diferentes, entre as cales estaba o tiburón Gastón, un tiburón toro que se converteu no centro de todas as miradas.

Aproveitamos tamén para ir ao Domus, un museo interactivo dedicado ao ser humano.

Se clicades na imaxe podedes ver algunhas fotos da saída. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas!

acuario_exterior

TROMPOS E MAGOSTO NO CRUCEIRO

Estándar

Nesta semana celebramos unha das festas máis típicas de Galicia: o Magosto.

Cada mes de novembro a festa do Magosto devólvelle o protagonismo a un dos productos estrela da gastronomía galega antes da chegada da pataca e do millo a nosa terra. Sabedes cal é?

Aquí tendes unha pista, a ver se adiviñades.

 

SON PEQUENIÑA,

E DE COR MARRÓN.

CANDO CHEGA O OUTONO

MÉTENME NO FOGÓN.

 

Por suposto, no Magosto que celebramos no colexio non faltaron as castañas asadas e os chourizos con pan. Que bo estaba todo!

CONCURSO DE TROMPOS

Pero non todo vai ser papar. Para espelir o bandullo nada mellor que xogar aos trompos.

No seguinte vídeo podedes ver algunhas imaxes do concurso que se levou a cabo ao longo da semana, e da gran final, celebrada o día do Magosto.

Gracias ao alumnado pola gran participación deste ano e noraboa a tódolos/as  premiados/as!

Os finalistas do concurso de trompos do Cruceiro e que polo tanto irán ao concurso intercentros en Portonovo son:

NA MODALIDADE DE  ESCACHAR

escachar

Mateo, María, Yago e Héctor.

EN  MALABARISMOS

final-malabarismos

Brais, Rodrigo e Pablo

Vaia malabaristas!

 

EDDLG principal

sinatura nova

WE LOVE HALLOWEEN

Estándar

 

              YES, IT´S  GREAT  FUN!!!!!

In  English we made many different activities: Typical halloween games with apples, Jack o´lanterns, trick or treat all over the school, halloween stories in the library…Look at the photos and enjoy the video!

1

23

E MÁIS SAMAÍN…

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

MONSTROS MARIÑOS

A imaxinación dos nenos e das nenas de segundo non ten límites. Inventaron e debuxaron monstros mariños, puxéronlle nome e logo describíronos.

A ver se recoñecedes aos nenos e nenas de cuarto…

UNHA AULA ARREPIANTE

AUUUUU…QUE MEDO!

 

SAMAÍN EN INFANTIL

Estándar

No seguinte vídeo podedes ver un resumo das actividades que realizamos en infantil durante a semana do Samaín: obradoiro de monstros mariños, de decoración de cabazas, de cociña,  lectura de contos de medo e baile de disfraces de persoaxes arrepiantes do fondo do mar.

Pasámolo de medo!

Queremos agradecer ás familias a súa participación nos diferentes obradoiros.