Archivos Mensuales: octubre 2016

E agora, uns minutos de publicidade. Volvemos de contado!

Estándar

EDDLG principal

Anuncios

VISITAS CON SABOR A MAR

Estándar

As nenas e nenos de 4 anos recibimos a vista do pai de Raúl, capitán dun barco que pesca atún. Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu traballo no mar e aprendemos moitas cousas: que os barcos tamén teñen un nome, canto miden estes barcos, cantas persoas traballan nel, como fan para pescar… 1

Co atún que nos dou o pai de Raúl decidimos facer unha receita de paté de atún.

2

3

O atún é un peixe azul que nos aporta moitas proteínas e debemos incluílo na nosa dieta para ter unha alimentación sana e equilibrada.

Estaba delicioso!

4

Recibimos tamén a visita do tío e nai de Carmen, cos que aprendemos como se cultivan en viveiros especies como o bogavante, boi de mar, cigala, nécora ou camarón.m1grande

Aprendemos os seu nomes, tocámolos, contamos cantas patas tiñan, collémolos para saber se pesaban moito ou pouco, fixámonos no tamaño, cor…

m2

E por suposto, tamén os degustamos. Que ben saben os camaróns!m3

Por último, traballamos por equipos,  e escribimos todo o que aprendemos con estas visitas.
traballo-equipo

MOITAS GRACIAS A ALFONSO, MANOLO E UXÍA!

 

sinatura nova