Archivos Mensuales: septiembre 2015

UN NOVO BLOG NA FAMILIA DO CRUCEIRO!

Estándar

O curso pasado naceu o blog da biblioteca do cole; e lembrades que estivestes dándolle á cabeza para poñerlle nome? A opción escollida foi…

CABECEIRA DEFINITIVA

Como xa sabedes, a biblioteca está chea de historias, aventuras, personaxes e coñecementos, que atopamos nos libros e nos nosos traballos, os cales son coidados con esmero por Inzilbeth. Agora poderemos compartir todos estes tesouros a través do blog. Estamos seguros que ao final deste curso olímpico, será merecedor dunha medalla (xa descubriredes por qué o dicimos…).

Para que vos sexa máis sinxelo acceder a el, atoparedes na barra lateral un enlace directo. Esperamos que vos guste!!!

sinatura nova

Anuncios

COMEZAMOS O CURSO 2015/2016!!

Estándar

Xa iniciamos un novo curso no CEIP Cruceiro cunha chea de sorrisos, de reencontros e de incorporacións, tanto de alumnos/as como de profes. Aquí tedes unha pequena mostra do que foi o primeiro día de escola. Bo curso para todos!!!

sinatura nova