O mal tempo impediu o habitual desfile reivindicativo ata o Revel, así que quedamos no cole e lucimos os traxes medievais na nosa particular pasarela.
Aquí tendes unha mostra.
http://entroido.galiciadigital.com/protagonistas-do-entroido
http://unpaseounafoto.blogspot.com.es/2012/02/entroido-de-xinzo-de-limia-ourense.html
http://unpaseounafoto.blogspot.com.es/2014/02/entroido-ribeirao-os-volantes-de.html
http://unpaseounafoto.blogspot.com.es/2013/02/entroido-de-viana-do-bolo-ourense.html
http://unpaseounafoto.blogspot.com.es/2014/03/entroido-de-cobres-as-madamas-e-os.html
http://www.vivirgaliciaturismo.com/pantallas-cigarrones-y-peliqueiros/
http://www.galeon.com/carnaval_ourense/pro9.htm
http://www.xeneraisdaulla.com/
http://www.galeon.com/carnaval_ourense/pro1.htm
Recoméndovos, especialmente, o blog de Dolores, mestra de Audición e Linguaxe no Cra de Bergondo.
http://audicionelinguaxecrabergondo.blogspot.com.es/search/label/Entroido
A PAZ NO COLEXIO CRUCEIRO
MALALA YOUSAFZAI naceu en Pakistán hai 17 anos. O ano pasado, gañou o Premio Nobel da Paz pola súa defensa dos dereitos das nenas e as mulleres á educación.
Este ano, queremos dedicarlle este día da paz a Malala, e construímos este manifesto enlazando as frases escritas por cada clase do colexio cos nosos lapis de paz:
“Malala representa a importancia da educación. A educación é necesaria para os nenos e as nenas. É necesaria para o mundo e para a liberdade. O que fixo Malala é moi importante porque, aparte dun neno, un profesor, un libro e un bolígrafo, todos nos podemos cambiar o mundo, porque a educación é a menos cara das defensas dunha nación. Por iso, este día da Paz dedicámosllo a ti, Malala.
Como imaxinar que o maior medo dos talibáns resultou ser unha rapaza de 14 anos armada cos seus libros!
Por querer aprender, quixéronme reprender,
Por querer vivir distinto a ti, palizas recibín,
Por querer falar, quixéronme golpear,
E agora, por querer saber ler e escribir,
Os talibáns, a balazos, quixéronnos destruír.
Os nenos de 1º queremos que todas as nenas do mundo teñan lapis porque así poden escribir moitas cousas bonitas aos seus amigos, aprender a escribir como Miguel de Cervantes, debuxar cousas da nosa imaxinación, escribir en moitos idiomas, e tamén escribirlle a Malala para animala a que siga loitando pola escola e o mundo sexa un pouco máis feliz.
Porque se se quere acabar a guerra con outra guerra, nunca se alcanzará a paz. O diñeiro gastado en tanques, en armas e soldados, débese gastar en libros, lapis, escolas e profesores.
Sabemos que a educación é a única solución, é o primeiro. Os nosos libros e lapis son as nosas armas máis poderosas.
E na escola aprendemos, como os nenos de 3 anos, que para que exista a paz non podemos pelexar nin berrar. Seremos amigos e darémonos bicos e abrazos, porque a paz é dar máis bicos e pelexar menos.
Gustaríanos que o resto das nenas e nenos do mundo viviran en paz, tiveran escolas para estudar, comida e auga, e foran moi, moi felices.
E sabemos que temos moita sorte de vir á escola, porque podemos xogar, rir, aprender, falar, pensar, imaxinar, escribir, debuxar, participar, ler e crecer. E se as armas de Malala son un neno, unha profe, un lapis e un libro, as dos nenos de 5 anos son xogar xuntos, traballar en equipo, coidar aos amigos, pintar con cores, aprender, estudar matemáticas, coñecer xente como Malala que fai ser valente, facer festas cos primos, ser bos cos amigos, darse apertas e bicos, coidar aos animais, compartir xoguetes, acariñar aos gatos e comprar galletas para os pobres co meu diñeiro.
E as nenas e os nenos de 4º sentimos que:
Nunca esquezamos que:
Un neno, unha nena, para falar e escoitar.
Un mestre, unha mestra, para ensinar e axudar.
Un libro para ler e informar
Un lapis para escribir e expresar
Que con amigos e bicos
E un pouquiño de amor
Faremos entre todos
Un mundo mellor!