Archivos diarios: 26/01/2015

«Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño» (Mahatma Gandhi)

Estándar

      Este venres, 30 de xaneiro, é o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

A pesar de non ser o natural, reivindicar a paz continúa a ser unha necesidade.

Neste vídeo tendes a canción que estamos preparando coa profe Merce.

Máis cedo que tarde, deixaremos de berrar por ela porque simplemente… a paz será a nosa realidade.

«Un neno, un profesor, un libro e un lapis poden cambiar o mundo». (Malala Yousafzai) 

Cambiémolo.

sinatura nova