Este venres, 30 de xaneiro, é o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
A pesar de non ser o natural, reivindicar a paz continúa a ser unha necesidade.
Neste vídeo tendes a canción que estamos preparando coa profe Merce.
Máis cedo que tarde, deixaremos de berrar por ela porque simplemente… a paz será a nosa realidade.
«Un neno, un profesor, un libro e un lapis poden cambiar o mundo». (Malala Yousafzai)
Cambiémolo.