Xa o di o refrán: «Polo San Martiño, chourizos, castañas e viño.»
Nós decidimos mudar o viño por auga , pero os chourizos e as castañas non os perdoamos para celebrar o noso Magosto.
O temporal deunos o respiro xustiño para asalos e facer a merendola no patio.
Tiñamos planificados un montón de xogos, pero, en canto enchemos o bandullo, tivemos que voltar ás aulas por mor da choiva.
Con todo, os nenos e nenas de Infantil, aproveitaron as raiolas do final da mañá para botar unhas partidas : equilibrios, bolos, baile…