Archivos diarios: 19/11/2014

As castañas do castiñeiro, para asar no asadeiro.

Estándar

      Xa o di o refrán: “Polo San Martiño, chourizos, castañas e viño.”

 

Nós decidimos mudar o viño por auga , pero os chourizos e as castañas non os perdoamos para celebrar o noso Magosto.

O temporal deunos o respiro xustiño para asalos e facer a merendola no patio.

Tiñamos planificados un montón de xogos, pero, en canto enchemos o bandullo, tivemos que voltar ás aulas por mor da choiva.

Con todo, os nenos e nenas de Infantil, aproveitaron as raiolas do final da mañá para botar unhas partidas : equilibrios, bolos, baile…

 

1234

Pasámolo pipa!
sinatura nova