A semana pasada, no Cruceiro, asistimos a unha exhibición de auténticos artistas do trompo.
Dá gusto ver as buxainas correr outra vez polos camiños!
O concurso organizouse en dúas modalidades (a escachar e malabarismos) con varias categorías en cada unha delas, segundo os diferentes niveis.
Aquí podedes ver algunhas fotos do primeiro día:
Tralas votacións do xurado, os seleccionados e seleccionadas participaron na gran final.