Archivos Mensuales: noviembre 2012

CONCURSO DE TROMPOS

Estándar

Este ano, como sempre, o concurso estivo moi reñido. Os concursantes amosaron a súa grande competencia e profesionalidade, case como os expertos que nos visitaron días atrás.

                                           OS CAMPIÓNS DE TROMPOS 2012

                                                           A ESCACHAR

1ª Categoría

  1. Damián Rial García – 2º B
  2. Pablo García Miguéns – 1º
  3. Manuel Caneda Bernárdez – 2º A

2ª Categoría

  1. Daniel Louzán Méndez – 4º
  2. Héctor Estévez Rey – 3º A
  3. Mateo Beloso Rial – 3º A

3ª Categoría

  1. Miguel PiñeiroRey – 6º A
  2. Sergio Martínez Padín – 6º B
  3. Vanesa Domínguez Valladares- 6º A

                                                            MALABARISMOS

1ª Categoría

  1. Inés Sineiro – 2º B
  2. Marta Vilar – 2º B
  3. Joel Padín – 2º A

2ª Categoría

  1. Daniel Louzán – 4º
  2. CristianTroncoso- 3º B
  3. Santiago Fandiño – 4º

3ª Categoría

  1. Nerea Camiña – 5º A
  2. Antón Caneda – 6º A
  3. Pablo Padín – 6º B

Educación infantil

  1. Pedro Vilar Abal – 5 anos B
  2. Miguel Ángel Rey Carballa – 5 anos B

Aquí quedan algúns momentos das distintas xornadas do concurso.

                                                                                         ESCACHAR

                                                                                   

                                                                                                                  MALABARISMOS 

                                                                                                          ENTREGA DE TROFEOS

 

Anuncios

SORTEO DE ALGO RICO, RICO…

Estándar

O venres na hora do recreo tivo lugar o 2º sorteo de “Rico, rico…” para recadar cartos para a excursión de 6º.

O agasallo foi unha tarta de chocolate feita pola profe María, ou eso dixo ela, que realmente tiña moi boa pinta.

A afortunada nesta ocasión foi Nerea de 5º A que quedou moi contenta.

Eu non sei que teñen estes nenos de 5º A  porque polo de agora estanse levando todos os premios, je je.

BO PROVEITO!!!

Por certo Lua, que tal estaba a empanada de mexillóns???

 

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Estándar

O mércores celebramos o Samaín cunha actividade conxunta.

O ximnasio encheuse coas cabazas feitas polas familias.

Un xurado formado por unha profe, unha nai e unha alumna escolleron ás gañadoras das diferentes categorías.

Os artistas foron:

– Cabaza que da máis medo. Sergio Afonso (3º A)

– Cabaza máis traballada. Alex Amado (5º A)

– Cabaza máis simpática. Candela (1º)

– Cabaza máis orixinal. Antón (6º A)

NORABOA CHICOS!!!

Por arte de maxia o ximnasio converteuse nunha cova moi escura e misteriosa.

Alí estivemos rodeados dunha chea de fantásticas cabazas, esqueletos, pantasmas, arañas xigantes, osos…  en fin TERRORÍFICO!!!

Tivemos que entrar pola boca dunha cabaza xigante. Máis de un pasou algún que outro apuro por si á cabaza se lle ocorría dar un bocado, pero non pasou nada e todos pudemos entrar sen perigo.

Dentro da cova os seres fantásticos fixeron os seus esconxuros e botaron os seus medos fora.

A verdade é que non se escoitaron moi ben porque non sabemos que demo ou trasno estropeu a megafonía e non funcionaron os micrófonos. Prometemos que para o ano que ven faremos os esconxuros necesarios para que isto non volva a suceder!!!

Se queredes saber a que lle teñen medo os nenos clicade na seguinte imaxe.

Os medos aparecen por orde, dende os nenos de 3 anos ata os de 6º.

Despois de dicir os esconxuros vimos dous curtos moi simpáticos e cantamos a canción de “Samaín”, na que aparecimos nós disfrazados.

Clica na cabaza para ver as fotos.