Archivos diarios: 26/10/2012

O SAMAÍN

Estándar

A vindeira semana celebraremos o Samaín cunha actividade común no ximnasio, que promete dar pero que moito medo. HA HA HAAA!!!

Estes días estamos atarefados cos preparativos e non e raro atoparse polo cole a diferentes seres do ultramundo.

Convocamos un CONCURSO-EXPOSICIÓN de cabazas para que poidan participar todas as familias e esperamos ver verdadeiras marabillas.

Clicade na imaxe para ver como se vacía unha cabaza.

Haberá un premio por cada unha das seguintes modalidades:

– Cabaza que da máis medo.

– Cabaza máis simpática.

– Cabaza máis orixinal.

– Cabaza máis traballada.

MANS Á OBRA!!!

 

E se queredes cantar unha canción de Samaín pasádevos polo blog da clase de música!