Archivos Mensuales: octubre 2012

SEGUIMOS CO PROXECTO DOS CASTELOS!!!!

Estándar

DESPOIS DA VISITA DA PRINCESA DOROTEA COMEZAMOS A INVESTIGAR COMO É UN CASTELO E QUEN VIVÍA NEL. QUEREDES VER COMO FIXEMOS? PINCHA NA IMAXE DO CASTELO CO ARCO DA VELLA.

PERO NON QUEDOU AHÍ A COUSA, XA QUE NON SO APRENDEMOS OS 

NOMES DAS PARTES DO CASTELO SENÓN TAMÉN PARA QUE SERVÍAN.

PINCHADE NA IMAXE  DO OUTRO CASTELO SE QUEREDES SABELO.

 

 

Anuncios

EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO

Estándar

Nas horas de Atención educativa, en Educación Primaria, imos traballar en torno aos valores da solidariedade, a conciencia social, a cidadania responsable e a cooperación.
Imos centrarnos nun pais empobrecido, Nicaragua, e basicamente na situación da infancia e os dereitos humanos, entre eles o dereito a educación.
Clica no mapa do mundo para ver un pequeno video que nos sirve de introducción ao tema.

O SAMAÍN

Estándar

A vindeira semana celebraremos o Samaín cunha actividade común no ximnasio, que promete dar pero que moito medo. HA HA HAAA!!!

Estes días estamos atarefados cos preparativos e non e raro atoparse polo cole a diferentes seres do ultramundo.

Convocamos un CONCURSO-EXPOSICIÓN de cabazas para que poidan participar todas as familias e esperamos ver verdadeiras marabillas.

Clicade na imaxe para ver como se vacía unha cabaza.

Haberá un premio por cada unha das seguintes modalidades:

– Cabaza que da máis medo.

– Cabaza máis simpática.

– Cabaza máis orixinal.

– Cabaza máis traballada.

MANS Á OBRA!!!

 

E se queredes cantar unha canción de Samaín pasádevos polo blog da clase de música!