Archivos diarios: 05/05/2012

FIXEMOS O MAIO!

Estándar

O luns tivemos unha actividade moi especial, todos colaboramos na construción do MAIO.

Trouxemos fiuncho, calas, espadainas, pampullos, margaridas, ovos e laranxas e cando chegamos ao cole organizamos o traballo.

Fixemos colares de frores, cadeas de ovos e de laranxas, vestimos con fiuncho e con espadainas o armazón  do MAIO  e despois empezamos a colocar os adornos.

Colocamos a coroa, que representa a facilidade coa que escapan os cartos, que ata parece que teñan ás…

 Antes de marchar os nenos de 6º cantaron as coplas.

Como non nos deu tempo a colocar todos os adornos viñemos pola tarde para rematalo.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

Despois participamos no concurso organizado polo Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo, onde acadamos o 1º premio.

NORABOA A TODOS!!!