Archivos Mensuales: mayo 2012

XA TEMOS LOGOTIPO!!!

Estándar

Xa temos  logotipo para a exposición de niños do profe Hermida!!!

Moitas grazas a todas as familias que participaron no concurso.

Despois dunha reñida votación,  xa que había traballos moi bonitos, o elixido foi o de Úrsula Bea de 4 anos A.

Este logotipo representará á exposición de niños en calquera actividade que fagamos.

A día de hoxe xa é portada da programación interactiva multimedia que estamos desenvolvendo durante este curso dentro dun Proxecto de formación en centros e que pronto presentaremos para que toda a Comunidade Educativa poda disfrutar dela.

Aquí vos deixo unha pequena mostra.

Anuncios

FESTIVAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Estándar

Aquí tedes unha mostra do festival do día das Letras Galegas, que como podedes ver foi moi divertido, con: bailes, actuacións, semblanzas, poemas… Pasámolo todos xenial vendo o traballo realizado polos nosos compañeiros!

Ao rematar entregáronse os premios do concurso de carteis para as festas de Vilalonga:

FIXEMOS O MAIO!

Estándar

O luns tivemos unha actividade moi especial, todos colaboramos na construción do MAIO.

Trouxemos fiuncho, calas, espadainas, pampullos, margaridas, ovos e laranxas e cando chegamos ao cole organizamos o traballo.

Fixemos colares de frores, cadeas de ovos e de laranxas, vestimos con fiuncho e con espadainas o armazón  do MAIO  e despois empezamos a colocar os adornos.

Colocamos a coroa, que representa a facilidade coa que escapan os cartos, que ata parece que teñan ás…

 Antes de marchar os nenos de 6º cantaron as coplas.

Como non nos deu tempo a colocar todos os adornos viñemos pola tarde para rematalo.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

Despois participamos no concurso organizado polo Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo, onde acadamos o 1º premio.

NORABOA A TODOS!!!

DÍA DO LIBRO

Estándar

Como todos os anos celebramos o DÍA DO LIBRO e o aniversario de Inzilbeth.

Todas as clases pasaron pola biblioteca e agasallaron a Inzilbeth, logo ela convidou a todo o cole a comer chocolate con churros.

Clicade na imaxe para ver como transcurriu o día.
 

Para rematar vimos o conto “MISTERIO NO COLEXIO”.

Clicade na imaxe se queredes velo.