Archivos diarios: 07/02/2012

ASI FOI O DÍA DA PAZ

Estándar

O día 30 celebramos o Día da Paz cun xogo cooperativo no que tivo un papel moi importante o Guernica, famoso cadro de Picasso.

Se queredes lembrar ese día clicade na imaxe.

MÉDICOS SEN FRONTEIRAS

Estándar

Os alumnos de 6º curso promoven unha campaña de recollida de cartos destinados a combatir a desnutrición infantil que se desenvolverá durante todo o curso.

Englobada nesta campaña tivemos a sorte de  recibir a visita de Mariam Rodríguez Blanco, médico pediatra que traballa no Centro de Saúde de Ribeira, e que foi cooperante da ONG “MÉDICOS SEN FRONTEIRAS” en Afganistan e Kenia, co cual tivemos información de primeira man do que alí sucede.

Mariam deu unha charla aos alumnos do 3º ciclo de Educación Primaria que resultou de gran interese para todos.

Aquí vos deixo un enlace á páxina web de “MÉDICOS SEN FRONTEIRAS” por se queredes ter máis información sobre o traballo da ONG.