Archivos Mensuales: febrero 2012

UN NOVO ENTROIDO

Estándar

O pasado venres nunha pequena vila do sur de Galicia sucedeu algo moi estraño. Os habitantes do colexio, chamado CEIP Cruceiro, foron obxecto das artimañas dos trasnos da zona que  fixeron un gran conxuro trasladando a todos os seus moradores ao ano 2072.

Vexan o aspecto que presentaban…

Os habitantes da vila celebraban o entroido, e como nos derradeiros anos seguían reivindicando o novo colexio, do cal, ainda que pareza mentira, seguía sen haber nin unha misera pedra.

Fixeron unha pancarta e desfilaron pola rúa principal ata a parcela situada no Revel, onde había de ubicarse o centro.

A pesares de ser vellos en idade eran mozos en forzas e ilusións polo que non tiveron ningún problema para chegar ao Revel, ademais levaban un servizo de vellobus e de ambulancia moi profesionais, polo que puidera pasar…

 

Cando chegaron ao lugar empregaron as súas enerxias en implorar aos espíritos cunha danza ritual.

 

DESEXÁMOSLLES MOITA SORTE E ESPERAMOS QUE PRONTO ESCRIBAMOS A NOVA DA INAUGURACIÓN DO COLEXIO!!!

MÉDICOS SEN FRONTEIRAS

Estándar

Os alumnos de 6º curso promoven unha campaña de recollida de cartos destinados a combatir a desnutrición infantil que se desenvolverá durante todo o curso.

Englobada nesta campaña tivemos a sorte de  recibir a visita de Mariam Rodríguez Blanco, médico pediatra que traballa no Centro de Saúde de Ribeira, e que foi cooperante da ONG “MÉDICOS SEN FRONTEIRAS” en Afganistan e Kenia, co cual tivemos información de primeira man do que alí sucede.

Mariam deu unha charla aos alumnos do 3º ciclo de Educación Primaria que resultou de gran interese para todos.

Aquí vos deixo un enlace á páxina web de “MÉDICOS SEN FRONTEIRAS” por se queredes ter máis información sobre o traballo da ONG.