Archivos Mensuales: noviembre 2011

CONCURSO DE TROMPOS NA MODALIDADE DE MALABARISMOS

Estándar

Anuncios

PREGUNTALLE AO PRESIDENTE!!!

Estándar

Durante a pasada semana os alumnos de 5º B estiveron investigando sobre a Constitución Española.

Entre as moitas preguntas que xurdiron había algunhas das que non atoparon as respostas.

Esas  preguntas eran:

– Onde está gardada a Constitución Española orixinal?

– Hai copias?

-Se as hai onde están?

Unha das alumnas da clase, Iria Méndez Rial, tivo a idea de preguntarlle á persoa que seguramente tería a resposta.

E dito e feito escribíulle ao Presidente do Goberno.

Moi rápidamente recibiu resposta dende o Congreso do Diputados. Dixéronlle que o Presidente como non se presentaba ás eleccións xa non respostaba persoalmente.

Iria contestou dándolles as grazas e quedou moi satisfeita do resultado das súas pesquisas.

Pero cal foi a súa sorpresa cando uns días máis tarde recibiu unha carta do propio Presidente do Goberno felicitandoa polo seu interese pola Constitución Española.

NORABOA IRIA!!!

SAMAÍN 4 ANOS B

Estándar

Coa entrada no mes de Novembro chega o Samaín e na aula de 4 anos B decidimos traballar un poquiño para celebralo por todo o alto. Fixemos moitísimas cousas:
– Fixemos un castelo encantado.
– Pintamos habitantes do castelo: bruxas, vampiros, franquestein, arañas, morcegos, cabazas, …
– Puxemos arañas na tea xigante.
– Encendemos as cabazas para asustar a moitos profes e nenos/as que viñeron a visitarnos a nosa aula.
– E por último pintamonos a cara, disfrazamonos de vampiros e xogamos e xogamos…
Espero que disfrutarades un ratiño vendo o noso traballo. Saúdos.