Archivos Mensuales: abril 2011

As nosas plantas

Estándar

Aproveitando que chegou a primavera e que estamos a traballar as plantas o alumnado de primeiro de primaria plantamos as nosas propias sementes. Despois duns días de espera puidemos ver o resultado.

Mirade!

E para seguir descubrindo cousas:

Video Plantas
Juegos Plantas y Animales
Real Jardín Botánico

sinatura.bmp

GRANDES INVESTIGADORES DE 3 ANOS

Estándar

Os nenos e nenas de 3 anos por un día convertéronse nuns investigadores moi eficaces. Tiveron que atopar os planos que faltaban para colaborar na construción da maqueta da Sagrada Familia.
Fixeron unha saída para observar distintos edificios de Vilalonga e comparalos cos de Gaudí.
Agochados nestes edificios atopábanse as pezas do plano.
Queredes ver o ben que o pasamos?

Buscando os planos…

Estándar

Os nenos de primeiro tamén colaboraron na busqueda dos planos da Sagrada Familia.
Nas súas aulas apareceu un plano cunha mensaxe Si estás buscant els plánols de Gaudí, seguint aquesta ruta els podrás trobar. Fixa´t en els elements arquitectónícs í ho aconseguirás” e sen dubidalo deciciron facer o percorrido alí marcado para ver que atopaban. Foi unha xornada estupenda como veredes nas fotos. Están convertidos en auténticos exploradores.

sinatura.bmp

BUSCANDO OS PLANOS DA CATEDRAL DE GAUDÍ… EN VILALONGA

Estándar

Dentro do proxecto sobre GAUDÍ que estamos levando a cabo durante este curso, unha das actividades que teñen que facer os alumnos é atopar as pezas dun puzzle que conforman os planos da catedral da Sagrada Familia en Barcelona.

Xunto co Equipo de Normalización Lingüística imos realizar un estudio comparativo entre a nosa arquitectura e a de Gaudí.

Para poder facer este traballo as pezas do puzzle estaban agachadas por diferentes lugares de Vilalonga, xunto aos elementos arquitectónicos que estudiaremos.

Esta foi unha semana de excursións, e podemos empezar mostrando a de 5º curso.

sinatura.bmp

POR MIN QUE NON QUEDE!

Estándar

O xoves, a parroquia de Vilalonga arropou á Comunidade Educativa do Cruceiro no inicio da campaña “POR MIN QUE NON QUEDE!”.

O Consello Escolar decidiu promover unha campaña de recollida de sinaturas para pedir que a construcción do novo colexio sexa unha realidade xa.

Neste día recolléronse mais de 250 sinaturas e durante as dúas próximas semanas haberá follas para asinar en diferentes establecementos da parroquia.

11.JPG

 

41.jpg
sinatura.bmp

Observando os Fondos Mariños

Estándar

Aproveitando que estamos a traballar os animais, o alumnado de primeiro ciclo embarcámonos no Catamarán Visión I para observar os fondos mariños das Rías Baixas.

Ademais, como o tempo nos acompañou puidemos merendar no parque e visitar a lonxa do Grove.

sol

Como veredes nas fotos foi unha xornada estupenda.

E para os que queirades xogar un anaquiño

Animais 1º Ciclo

sinatura.bmp