Archivos diarios: 24/05/2010

Paseo polas Letras Galegas da man de Novoneyra

Estándar

Para conmemorar o día das Letras Galegas os alumnos de 6º  preparamos diversas actividades.
Elaboramos xogos de pistas sobre Uxío Novoneyra para o alumnado de quinto de primaria e un powerpoint para ilustrar a semblanza do autor presentada polos alumnos de segundo.
O powerpoint trataba sobre o poema que fixeron os alumnos de segundo.
As fotos ían acorde ó poema, ademais incluíanse pequenos textos da vida de Uxío Novoneyra como por exemplo as súas influencias e os seus amores.
O máis significativo para el sería a páxina que fixemos sobre o seu amor polo Courel.
Os xogos para quinto consistían en buscar,responder ou unir preguntas e respostas sobre Uxío Novoneyra e un xogo parecido á oca sobre o autor e as Letras Galegas.

Aquí vos deixamos un vídeo que recolle algunhas destas actividades.

Miguel Ángel Álvarez e Daniel Gómez

sinatura.bmp

Anuncios